Skip to content
Está vostede aquí Inicio arrow Novas arrow AIMEN presenta os seus últimos desenvolvementos tecnolóxicos aplicados á soldadura de aceiros na ind
AIMEN presenta os seus últimos desenvolvementos tecnolóxicos aplicados á soldadura de aceiros na ind Imprimir

Un total de 44 expertos en enxeñería, deseño, produción industrial e tecnólogos participaron esta mañá en AIMEN na xornada organizada polo Centro Tecnolóxico para presentar algunhas das súas investigacións máis representativas desenvolvidas nos últimos anos aplicadas ao sector da automoción.

AIMEN presentou na sesión resultados de proxectos de I+D+i realizados en colaboración coa industria do automóbil sobre o desenvolvementofoto_20100525_jornadacicatrip1 de diferentes tecnoloxías aplicadas a materiais avanzados empregados na fabricación de compoñentes estruturais e carrocería. Entre outras achegas, falarase sobre o desenvolvemento de novos aceiros, de alta resistencia con maior capacidade de deformación; novas técnicas que combinan a unión mecánica e a adhesiva para os compoñentes de automoción; ou técnicas que combinan a soldadura por resistencia con adhesivos. Na presentación destas investigacións interviron Ambroise Vandewynckèle, do Centro de Aplicacións Láser de AIMEN; e Daniel Morán, Daniel Gesto, Alejandro Conde, Víctor Pintos e David Verdera, da Planta de Tecnoloxías de Unión de AIMEN.

A industria de automoción beneficiarase da transferencia dos coñecementos desenvolvidos por AIMEN así como do equipamento que adquiriu para o desenvolvemento destas investigacións, que están ao servizo da industria ao obxecto de validar estas técnicas para unha aplicación concreta ou para a realización de prototipos.

foto_20100525_jornadacicatrip2O obxectivo último destas investigacións de AIMEN é a transferencia destes materiais e esta tecnoloxía ás empresas que, unilateralmente, carecen de capacidade para efectuar estudos desta natureza, e desta forma poden incorporar o coñecemento obtido nos continuos desenvolvementos en materiais.

Con estas liñas de investigación, AIMEN progresa no seu liderado como centro de referencia a nivel nacional no estudo das tecnoloxías de unión e fortalece a súa potencialidade para asesorar aos fabricantes de compoñentes para automoción sobre técnicas de unión alternativas á soldadura por resistencia convencional, co fin de incrementar a súa competitividade.