Skip to content
Está vostede aquí Inicio arrow Novas arrow AIMEN logra o premio ao mellor póster no XI Congreso Nacional de Materiais
AIMEN logra o premio ao mellor póster no XI Congreso Nacional de Materiais Imprimir

O Centro Tecnolóxico AIMEN obtivo o primeiro premio ao mellor póster para mozos investigadores no XI Congreso Nacional de Materiais, celebrado no Instituto de Ciencia de Materiais de Aragón (Zaragoza) do 23 ao 25 de xuño de 2010.

A investigadora da área de Materiais e Procesos de Fabricación do Centro Tecnolóxico AIMEN, Fátima Lamela, logrou coa súa investigación sobre a Xénese das roturas en chevron durante o proceso de trefilado de arame de aceiro de baixo contido en carbono, o primeiro premio ao Mellor Póster para Mozos Investigadores. O traballo centrouse no estudo das causas de rotura durante o proceso de trefilado de alambrón de aceiro baixo en carbono a fin de determinar a súa xénese.

A Sociedade Española de Materiais (SOCIEMAT), en colaboración co Instituto de Ciencia de Materiais de Aragón (ICMA), foron as entidades organizadoras do XI Congreso Nacional de Materiais. Nesta edición seguiuse a liña de anos anteriores, asentando o congreso como punto de encontro dos principais avances na investigación científico-tecnolóxica no ámbito da ciencia de materiais do noso país.

II Escola de Materiais da SOCIEMAT
Aproveitando esta ocasión, o 22 de xuño, celebrouse a II Escola de Materiais da SOCIEMAT, que tivo como obxectivo achegar as últimas novidades da investigación en materiais a persoal docente de secundaria e bacharelato, así como outros grupos non especialistas, pero interesados en ampliar os seus coñecementos neste campo. Varios especialistas ofreceron aos asistentes a posibilidade de interactuar con investigadores e brindarlles canles de comunicación directa -vía electrónica ou organizando visitas-. As leccións completáronse con demostracións, experiencias e material expositivo.


Descargue o póster gañador

Para máis información:
T. 34 986 344 000 - F. 34 986 337 302
@. Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
www.
http://www.aimen.es/ | http://www.aimentraining.es/