| AIMEN presenta su Delegación Tecnológica en Orense |
|
Aimen preséntalles aos empresarios ourensáns os servizos de apoio en I+D+i que presta a súa nova delegación na Tecnópole O obxectivo da Delegación Tecnolóxica é darlles soporte ás empresas do Parque Tecnolóxico e das zonas industriais do seu contorno Ourense, 19 de xuño de 2007. O Centro Tecnolóxico AIMEN presentaralles mañá aos empresarios ourensáns os servizos que lles vai prestar a través da súa nova delegación na Tecnópole. A sesión informativa está aberta á participación de todos os empresarios dos diferentes sectores industriais e celebrarase a partir das 12.15 horas no salón de actos do edificio central do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas. Así mesmo, durante esta xornada presentaranse os diferentes programas de financiamento do I+D+i aos que poden concorrer as empresas. Explicaranse as diferentes convocatorias dos plans galego, nacional e europeo. A instalación dunha Delegación do Centro Tecnolóxico Aimen na Tecnópole foi aprobada hai tres meses co obxectivo de darlles soporte en I+D+i ás empresas relacionadas cos sectores industriais situadas nese mesmo recinto e nas zonas industriais limítrofes, ademais de funcionar como un elemento dinamizador e polo de atracción para a implantación de novas empresas e a modernización tecnolóxica das existentes. Entre os servizos que prestará esta Delegación Tecnolóxica destacan: formación, consultoría, ensaios non destrutivos, deseño e simulación, proxectos industriais e proxectos de I+D+i.
Ademais, dedícase á prestación de servizos tecnolóxicos de alto valor engadido relacionados coa atención ás necesidades tecnolóxicas das entidades e empresas que o requiran; o fomento e a execución da investigación, o perfeccionamento e o desenvolvemento dos materiais e das súas tecnoloxías de unión; a prestación de asistencia e servizos tecnolóxicos; a colaboración na transferencia de resultados de investigación entre os centros e as empresas; e a prestación de asistencia, formación e perfeccionamento de persoal técnico, investigadores e operadores. O centro tecnolóxico AIMEN está dotado dun cadro de persoal formado por 160 profesionais altamente cualificados e con grande experiencia. |